EXEMPLOS DE FRASES COLOQUIAIS
adán. Ser un adán = ser un deixado, pouco arregrado.
Do tempo de Adán = Moi vello, moi antigo.
ánimas. A iso das ánimas = Ó anoitecer.
Vaia polas ánimas = Moi agradecido.
Non lle deu polas ánimas = Está gravemente enfermo.
Recibiu un forte golpe.
bautizar. Bautiza-lo viño = Botarlle auga.
bula. Haber bula para defuntos = Haber remedio para todos.
Ter bula para todo = Poder facer o que se queira.
catacumbas. Estar nas catacumbas = Estar na clandestinidade.
credo. Como Pilatos no credo = Sen interese no asunto.
Nun credo = Axiña.
Co credo na boca = Na inminencia dun perigo.
cruz. Axudar a leva-la cruz = Socorrer, animar a alguén
Andar coa cruz ó lombo = Ser resignado
demo. O demo nunca dorme = En calquera momento pode torcerse...
Deus. ¡Deus diante! = ¡Que todo saia ben!
Primeiro é Deus que os seus santos = Nunha orde xerárquica
uns e outros ocupan un lugar distinto. É unha fórmula humo-
rística para xustifica-la incorrección de servirse un primeiro
a si mesmo.
Á boa de Deus =
Como Deus manda =
Estar de Deus =
Deus mediante =
doutores. Doutores ten a Igrexa = Resposta que se dá cando rexeitamos comprometernos nun tema que xulgamos excesivo para o noso saber, e remitimos ó interlocutor a persoas autorizadas.
limbo. Estar no limbo = Andar na verza.
milagre. Facer milagres = Lograr algo con escasos medios.
Non é milagre = Non é estraño, é lóxico que suceda.
misa. Non vai no meu carro á misa = Non me chista.
Gañou o que gañan os cans na misa = Botárono fóra.
mitra. Perde-la mitra = Arruinarse.
palio. Recibir con palio = Recibir con gran cerimonia.
panxoliñas. ¡Déixate de panxoliñas! = Non me veñas con contos.
Pascua. De Pascuas en Ramos = De cando en vez.
Estar como unhas pascuas = Estar moi contento.
Facerlle a un a pascua = Fastidialo.
¡Santas pascuas! = Acabouse todo, morreu o conto.
Saí-la Pascua sexta feira = Ser frustrante.
responso. Botar un responso = Reprender.
Santa Clara, ser = Ser recto.
santiamén, nun. = Nun intre. Pode provir da fusión das dúas palabras con que remata a invocación á Santísima Trindade mentres se fai o sinal da cruz: “In nomine Patris et Filii et Spiritus Sancti. Amen”.
santo. Ter capa de santo = Ser hipócrita.
Costa abaixo tódolos santos axudan = Ser fácil.
Man de santo = Remedio eficaz.
FRASEOLOXÍA COLOQUIAL CON ORIXE NA BIBLIA
Caín. Pasalas de Caín = Sufrir moito. Caín, tras matar a Abel, andou errante como un fuxido (Xn 4, 11-14).
Ceo. Estar no ceo = Ser feliz
Gaña-lo ceo = Obrar ben
Ve-lo ceo aberto = Atopa-la ocasión de conseguir algo. Esta última frase foi pronunciada por Santo Estevo antes de morrer (Feit 7, 56), referíndose á gloria que o esperaba a carón de Deus.
cizaña. Meter cizaña = Difundir rumores que provocan enemistades. Onde un personaxe dunha parábola de Xesús sementou trigo, un inimigo sementou cizaña (Mt 13, 24-30). Así, explícase as circunstancias en que pode crece-lo reino de Deus.
couce. Dar couces contra o aguillón = Enfrontarse inutilmente a unha forza superior. A frase vén nun dos relatos con que san Paulo describe a súa conversión (Feit, 26, 14).
pedra. Tira-la primeira pedra = Se-lo primeiro en facer unha acusación por facer algo que tamén fai un. Alude a escena en que uns fariseos se presentaron ante Xesús cun muller adúltera para lapidala. Para Xesús tan culpable é o que acusa como o acusado (Xn, 8, 1-11).
sapo. Botar sapos e cóbregas = Dicir disparates, palabras inxuriosas ou blasfemias. No Evanxeo de Marcos (9, 18) dise que da boca dos endemoniados saía escumallo; pois ben, inspirados nisto, os pintores representaron estas escenas pintando sapos e cóbregas saíndo das bocas.
O bo viño alegra os corazóns dos homes, e a música, e máis que os dous, o amor á sabedoría. Eclesiástico, 40, 20
Da abundancia do corazón, fala a boca. Mateo, 12, 34
Comera-lo pan coa túa suor. Xénese, 3, 19
Non xulguedes para que non vos xulguen a vós. Mateo, 7,1
¿Por qué reparas no lixo que hai no ollo do teu irmán e non te decatas da trabe que hai no teu?. Mateo, 7, 3
Non botéde-las vosas pérolas ós porcos. Mateo, 7, 6
Dádelle ó César o que é do César e a Deus o que é de Deus. Mateo, 22, 21
Non hai nada novo baixo o sol. Eclesiastés, 1, 10
Vaidade de vaidades, e todo vaidade. Eclesiastés.