OUTRAS CUESTIÓNS LINGÜÍSTICAS
Da-la alma a Deus
Entrega-la alma a Deus
Entrega-la alma ós anxeliños
Acordarse Deus dun
Chamar Deus a un
Chamar Deus a par de si
Levar Deus a un
Ir con Deus
Estar con Deus
Estar co Señor
Estar gozando de Deus
Descansar na paz do Señor
Ir cear con Deus
Ir garda-los pitos ó cura
Ir contarlle os pitos ó cura
Unha parella de palabras antónimas moi usada na opinión pública é a de "conservadurismo" e "progresismo". Aquí preséntanse só algúns rasgos referidos a sistemas ideais, pois cando se trata de concretar en persoas, para cualificalas nun sentido ou noutro, é difícil facelo, por non darse sempre casos puros.
O conservadurismo considera que é mellor para a relixión que estea defendida institucionalmente.
O progresismo ve importante a actuación capilar dos cristiáns, que actuarán xunto cos demais cidadáns.
Para o conservadurismo non son de fiar as tendencias extramuros da Igrexa.
Para o progresismo é posible facer un esforzo conxunto con quen está fóra da Igrexa.
O conservadurismo considera inviable a ética civil.
O progresismo ve posible a ética civil.
O conservadurismo apoia o sistema establecido posto que promove que as persoas sexan traballadoras, discipliandas, amantes da orde, con capacidade de sacrificio.
O progresismo rexeita o sistema porque favorece que as persoas sexan hedonistas, que miren máis ben polo seu propio gusto e satisfacción.
Ós termos relixiosos convertidos en nomes de lugar chámaselles haxiotopónimos.
Nomes referidos a edificios, cousas, institucións:
Igrexafeita, Seteigrexas, Eirexalba...
Mosteiro, Celanova
Nomes referidos a persoas, a ocupacións eclesiásticas:
Penabade, Vilabade, Cotobade
Vilar dos Cregos, Graña do Crego, Soutodobispo
Nomes con títulos de santidade:
Santos, Santo, Santeles (diminutivo)
Augas Santas, A Fonsagrada
Algúns nomes de santos:
Seoane, Seivane (= San Xoán), Sanxenxo
De nomes propios de lugar a nomes comúns
belén, babel, calvario, nazareno, edén
De nomes propios de persoa a nomes comúns
moisés, mosaico, santabárbara, magdalena, verónica
Eufemismos
absoluto. Deus. Algunhas sectas próximas ó ateísmo usan este eufemismo para que non se diga que son unha relixión máis.
Anxo Caído. O demo. Eufemismo propio da linguaxe bíblica.
coñecer. Copular. Ás veces úsase a frase "coñecer en sentido bíblico".
descrenza. Ateísmo.
desvantaxe relixiosa. Ateísmo.
Feo, o. O demo.
Inimigo. O demo.
filosofía. Secta
Forma. Hostia, pan consagrado.
Maligno, o. O demo.
Onán, pecado de. Masturbación.
organización relixiosa. Secta.
relixión da nova era. Secta.
ultramontano. Fanático católico.
A palabra Mesías era, en orixe, un eufemismo. Cando o pobo hebreo estaba cativo en Babilonia, agardaba a restauración do seu reino pola intervención dun líder valeroso. Pero mencionar ó rei esperado era delicto de cosnpiración, polo que falaban do unxido, que é o significado de "mesías" en hebreo, e que, traducido ó grego é "Cristo".