NOMES  DE  PERSOA

 

Agrelo Martínez, Santiago. (Rianxo, 1942). Franciscano. Doutor en Teoloxía, especialidade de Liturxia. Foi profesor do Pontificio Ateneo Antoniano de Roma. Profesor do Instituto Teolóxico Compostelán.

 

Aguirre Herrera, Emilio. (Ferrol, 1937). Relixioso da Orde da Mercede. Fixo estudios sacerdotais en Poio, onde logo sería mestre. Formou parte da Xunta de Goberno da CONFER nacional e de Galicia. Formador na Casa Noviciado de Verín.

 

Alonso Núñez, Abel. (Riós, 1921). Bispo de Campo Maior, Piauí, Brasil.

 

Alonso Touza, Modesto. (Ramirás, 1934). Sacerdote. Obtivo a licenciatura en Teoloxía e dereito Canónico, así como o doutorado pontificio na Universidade Gregoriana de Roma. Foi secretario xeral do Bispado de Ourense. Profesor de Teoloxía Moral e Ética do Seminario Menor de Ourense. Profesor nos cursos de Formación Permanente para sacerdotes. Consiliario Diocesano de Mulleres de Acción Católica. Vigairo Xudicial de Ourense. Presidente do Cabido da Catedral de Ourense. Membro do Colexio de Consultores.

 

Álvarez de Toledo y Bandeira, Pedro. (Vigo, 1951). Sacerdote. Vigairo da Delegación da Prelatura do Opus en Pamplona.

 

Alvilares Moure, Xosé. (Xulfe, Chantada, 1928). Doutor en Teoloxía. Durante a súa vida experimentou encontros e desencontros coa xerarquía eclesiástica, como el mesmo conta no libro Memorial de agravios. Outras obras súas son: El Cebrero; O clero e o uso do galego; ¿Proceso a la iglesia gallega?: Testimonio de los escritores gallegos del siglo XIX; Crítica de Leslie Dewart a la ontoteología.

 

Andión Marán, Julio. (Caldas de Reis, 1941). Licenciado en Filosofía e doutor en Teoloxía. Asesor sobre cuestións relativas a medios de comunicación, seminarios maiores. Director do Instituto Teolóxico da Diócese de Tui-Vigo. Autor de artigos en Faro de Vigo.

 

Aparicio y del Prado, Beato Sebastián de. (A Gudiña, 1502 - 1600). Traballou nos campos de Castela, en Salamanca foi arrieiro, en San Lúcar de Barrameda administrador. Emigrou a México, onde traballou como gandeiro, fabricante de carretas e constructor de estradas. Ós 50 anos de idade adquire unhas terras e adícase á labranza. Ós sesenta anos contrae matrimonio, enviuvando un ano despois. Cando tiña 71 anos entrega tódolos seus bens ás clarisas e durante dez meses failles de sancristán, ata que ingresa no convento franciscano de Tecali, servindo como cociñeiro, porteiro e hortelán. Finalmente é chamado a Puebla de los Ángeles para ser esmoleiro. Nestes últimos anos da súa vida ten visións da Virxe, de santos, fai profecías e milagres. A súa festa é o 25 de febreiro.

 

Aragón Martín, Doroteo. (Toledo, 1954). Superior da Comunidade da Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus de Vigo. Xerente do Hospital e Clínica San Rafael de Vigo.

 

Aragonta, Santa. (Século X). Casou con Ordoño II, rei de León, que a repudiou. Tras isto, decide restaura-lo mosteiro de Salceda, onde viviu retirada. Non figura no santoral.

 

Araujo Iglesias, Miguel Ángel. (Pereiro de Aguiar, 1920). Bispo emérito. Foi rector do Seminario de Ourense, cóengo pontificio e bispo de Mondoñedo-Ferrol. Autor de Memoria de vida, Palabras para os amigos, etc.

 

Ares Cerqueiro, Ricardo. (A Coruña, 1930). Relixioso da Sociedade de San Paulo. Director Xeral de San Paulo entre 1988 e 1997. Superior Maior da Sociedade de San Paulo en Portugal.

 

Ares Devesa, Ramiro. (Friol, 1927). Cura de Refoxo-Arroxo, Sober. Fixo Estudios Eclesiásticos e de Música. Profesor en centros de ensinanza privada e pública. Fundador da Coral Polifónica de Sober.

 

 

Bande Rodríguez, Enrique. (Cartelle, 1936). Director da Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense, capelán militar, profesor de Xeografía e Historia. Autor de varios libros: San Pedro de Bande,orixe i evolución da parroquia, La diócesis de Ourense, etc.

 

Barral Iglesias, Alejandro. (O Grove, 1930). Cóengo. Fixo Estudios Eclesiásticos e licenciouse en Historia e Historia da Arte. Director do Museo Catedralicio da Catedral de Santiago, presidente da Comisión de Cultura e secretario do Consello de Fábrica.

 

Barrero Díaz, Joaquín. (Lugo, 1949). Sacerdote. Superior Provincial da Provincia de Castela da Compañía de Xesús.

 

Barrio Barrio, Julián. (Manganeses de Polvorosa, Zamora, 1946). Arcebispo de Santiago. Autor de Evangelizar con los medios de hoy; La familia, primer Seminario; Aportación para un epistolario de Félix Torres Amat; La formación de los sacerdotes del mañana, etc.

 

Blanco, San Francisco. (A Gudiña, 1570 - 1597). Estudiou Humanidades nun colexio dos xesuítas en Monterrei, Verín. Daí pasou a estudiar Dereito á Universidade de Salamanca, cidade na que visitaba o convento franciscano de San Antonio. Aí madurou a súa vocación relixiosa, abandonando as leis e ingresando no convento de San Francisco de Villalpando, encargándose da enfermería. Volve a Salamanca a estudiar en San Antonio. Por problemas de saúde trasládase ó convento de Pontevedra, onde chega unha circular solicitando misioneiros para Filipinas. Francisco Blanco, a pesar da súa precaria saúde, ofrécese a ir. Primeiro chega a México, onde está uns meses, e logo a Filipinas, permanecendo aquí dous anos. Finalmente, vai a Xapón, está uns meses evanxelizando e coidando leprosos, ata que é crucificado xunto con outros 25 misioneiros. A súa festa celébrase o 5 de febreiro.

 

Blanco Torrado, Alfonso. (Montevideo, 1950). Sacerdote. Fundador da Asociación Cultural Xermolos. Publicou un estudio sobre o poeta Xosé María Díaz Castro.

 

Búa Otero, Ramón. (Illa de Arousa, 1933). Estudiou Filosofía, Teoloxía e Sagrada Escritura. Cóengo e párroco de Santa María de Vigo. Bispo de Tarazona. Bispo de Calahorra - La Calzada.

 

Buján Rodríguez, María Mercedes. (Buenos Aires, 1928). Relixiosa do mosteiro de San Paio de Antealtares. Estudiou pedagoxía, arquivística. Realizou traballos sobre o fondo documental do Arquivo Histórico de San Paio, e sobre o abadoloxio de San Martín Pinario.

 

 

Cabaniña Majide, José Benito. (Vigo, 1948). Sacerdote. Vigairo da Delegación da Prelatura do Opus Dei para Madrid-Oeste.

  

Cal Pardo, Enrique. (Viveiro, 1922). Sacerdote encargado do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. É autor de numerosas publicacións sobre o tema. Deán-Presidente do Cabido da Catedral de Mondoñedo.

 

Calvo Tojo, Manuel. (Oroso, 1932). Sacerdote. Profesor de Dereito Canónico e Teoloxía do Matrimonio no Seminario Maior de Santiago e no Instituto Teolóxico Compostelán. Vigairo Xudicial do Tribunal Metropolitano de Santiago. Autor de Derecho Procesal y Matrimonial Canónicos ; así como de varias colaboracións en libros colectivos e publicacións periódicas.

 

Campaña Ferro, Gumersindo. (Cordeiro, 1942). Sacerdote. Participa no nacemento do sindicato Comisións Labregas.

 

Capitón, San. Considerado o primeiro bispo que houbo en Lugo. Segundo a tradición, sufriu martirio na fogueira.

 

Carballo, Xosé Manuel. (Castro de Rei, 1944). Párroco de Castro de Rei. Membro do Equipo dos Secretariados de Catequese de Galicia. Profesor de Primaria. Ilusionista. Promotor de asociacións culturais. Obras: Parábolas chairegas; Don Otto de viaxe pola chaira, etc.

 

Carballo Carballo, Francisco. (Maceda, 1925). Padre paúl. Historiador, tamén fixo estudios de Teoloxía e Socioloxía. Presidente do consello de A Nosa Terra, semanario do que participou na súa fundación. Presidente da Asociación Cultural de Vigo. Obras: Historia de la oración cristiana; La Iglesia en la Galicia contemporánea, (en colaboración); Historia de Galicia, (en colaboración).

 

Carrodeguas Nieto, Celestino. (Valdoviño, 1945). Sacerdote. Vigairo Xudicial da Arquidiócese de Toledo. Cóengo da Catedral Primada de Toledo. Profesor do Seminario Maior de Toledo. Capelán das MM. Benedictinas.

 

Cartelle Deus, Juan. (Mugardos, 1933). Sacerdote. Párroco da Milagrosa da Coruña. Vigairo Episcopal Territorial da Coruña.

 

Casaio, San Xil de. Naceu no Bierzo no século XII. Foi monxe no mosteiro de Santa María de Carracedo (no actual concello ourensán da Veiga), abade de San Martiño de Castañeda (Zamora), ermitán en Santa Cruz de Casaio, na comarca ourensá de Valdeorras. Nestas terras e noutras de Galicia, a sona de San Xil espallouse axiña. E tamén a devoción polo santo, con moitas visitas á súa capela. A súa festa é o 1 de setembro. 

 

Castro Castro, Manuel. (Caldas de Reis, 1918). Sacerdote, arquiveiro e historiador. Diplomado en Biblioteconomía e doutor en Historia. Membro da Real Academia de Historia. Fundador da Asociación Española de Bibliografía. Colaborador en diferentes publicacións: El Eco Franciscano, La Noche, Cuaderno de Estudios Gallegos. Algúns dos seus libros son: Crónica de la Provincia Franciscana de Santiago en el siglo XVII; El Monasterio de Santa Clara de Ribadeo; El arte franciscano en España durante los siglos XIII-XVI.

 

Catoira Viñán, José Ramón. (A Coruña). Sacerdote. Fixo Estudios Teolóxicos e a licenciatura de Xeografía e Historia. Rector do Colexio dos Padres Escolapios, Monforte.

 

Cebrián Franco, Juan José. (Santiago de Compostela, 1933). Sacerdote. Director da Oficina de Socioloxía e Estatística do Arcebispado de Santiago. Director da páxina web da Arquidiócese de Santiago. Adicado ó ensino, tamén leva escritas numerosas publicacións sobre temas sociorrelixiosos.

 

Cerqueiro Toribio, Daniel. (Santiago de Compostela, 1934). Cóengo. Xuíz diocesano Foi secretario particular do arcebispo compostelán, secretario para as Relacións Institucionais do Arcebispado, capelán das Oblatas de Santiago, consiliario da Xuventude Obreira Católica Feminina, xuíz do Tribunal Eclesiástico, delegado de Cáritas. Secretario xeral dos Bispos de Galicia.

 

Cerviño Cerviño, José. (Cangas, Pontevedra, 1920). Bispo Emérito de Tui-Vigo. Fixo Estudios Eclesiásticos e a licenciatura de Dereito Canónico. Exerceu cargos directivos en seminarios e cargps episcopais. Membro da Comisión Episcopal de Patrimonio Cultural. Presidente da Comisión Mixta para o Patrimonio da Igrexa en Galicia. Presidente da Comisión Interdiocesana para a Liturxia en Lingua Galega.

 

Chao Rego, Xosé. (Vilalba, 1932). Estudiou Filosofía e Teoloxía. Participou na creación das revistas Encrucillada, Irimia e os movementos a elas asociados. Autor de Introducción ao Xénesis; Historia do pobo de Xesús; La Iglesia en el franquismo; La Iglesia que Franco quiso; Cristianos por el socialismo, (en colaboración); Para comprendermos Galicia; Eu renazo galego; A auga; O sexo, a muller e o crego, etc.

 

Cortizo Rodríguez, Víctor. (Santiago de Compostela, 1967). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Tivo diversos cargos en institución e organismos relacionados coa mocidade. Coordenador de contidos da Cadea 100. Autor de varias publicacións.

 

Delgado Gómez, Jaime. (Castelo, Taboada, 1933). Sacerdote. Licenciado en Arqueoloxía. Capelán do Hospital Xeral de Lugo e do políclínico "Polusa". Vocal da Comisión Diocesana de Arte Sacra (Lugo). Profesor no Seminario Diocesano de Lugo. Membro do equipo que confeccionou o Inventario Arqueolóxico da provincia de Lugo. ) 

 

Díaz Sanjurjo, José María. (Pol, 1818-1857) - Dominico, mártir. Vigairo apostólico do vicariato central de Tung-King; bispo de Platea;  Obras: Derecho Natural; unha gramática latina en idioma tungkino. Morreu degolado. A súa festa celébrase o 20 de xullo.

 

Diéguez Reboredo, José. (Touro, 1934). Estudios teolóxicos, pastorais e de Ciencias Exactas. Bispo de Osma-Soria, Ourense e Tui-Vigo.

 

Domato Búa, Salvador. (Caldas de Reis, 1944). Sacerdote. Protonotario Apostólico do Papa, secretario do arcebispo de Madrid. Fundou e dirixiu o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago.

 

Dosil Maceira, Agustín. (Noia, 1942). Doutor en Filosofía. Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago. Director de teses de doutoramento. Presidente da Arquiconfraría Universitaria Apóstolo Santiago. Director de revistas especializadas. Presidente de sociedades científicas. Técnico do Instituto Nacional de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. Asesor en temas educativos e de familia de entidades públicas e privadas. Autor de máis dunha ducia de libros.

 

 

Durán Justo, Leopoldo. (Avión, 1917). Sacerdote e profesor. Doutor en Literatura Inglesa, Filoloxía Inglesa e Teoloxía. Escribiu Graham Greene, amigo y hermano; La crisis del sacerdote en Graham Greene, etc.

 

 

 

 

 

Espiña Gamallo, Manuel. (Cerdedo, 1933). Licenciouse en Filosofía e Teoloxía, impartindo clases desta última materia, así como de Pedagoxía e Didáctica. Cóengo da Real Colexiata da Coruña. Leva a Comunidade de Vida Cristiá Home Novo. Publicacións (en colaboración): A palabra de Deus (traducción dos Evanxeos); Misal galego dos fieis. Tamén é autor de: Manuel Fraiz Garrido : un cura moi humano e canteiro.

 

Estévez Álvarez, Jorge Eugenio. (Cartelle, 1953). Sacerdote. Rector do Seminario Maior de Ourense. Vigairo Episcopal de Medios de Comunicación Social e Relación coas Institucións. Director do Boletín do Bispado. Colaborador de COPE-Ourense.

 

Estévez Armada, José. (Cartelle, 1932). Sacerdote. Licenciado en Teoloxía e Filosofía. Profesor do Instituto Teolóxico Compostelán Profesor de Filosofía no Seminario Maior de Ourense. Capelán das Carmelitas Descalzas. Vigairo Xeral.

 

Eufrasio, San. Bispo de Illiturgi (actual Andújar, Jaén), onde foi martirizado. O rei Sisabuto (século VII) mandou levantar un templo no lugar onde estaba soterrado. Durante a invasión árabe, levouse o seu corpo ata Val do Mao, en terras samonenses. E alí venéranse as súas reliquias. A súa festa é o 16 de maio.

 

 

Fernández, Juan Jacobo Beato. (Cea, 1808 - Damasco, 1860). Ós 22 anos ingresa no convento de San Antonio que os franciscanos teñen en Santa María de Herbón, onde permanece ata a exclaustración de 1835. Regresa entón á súa aldea natal (Moire) na que vive os seguintes 24 anos. Cando coñece a solicitude de misioneiros para Terra Santa, preséntase e é aceptado. Chega a Damasco e un ano despois é asasinado xunto con outras sete persoas durante a persecución dos turcos. A súa festa celébrase o 10 de xullo.

 

Fernández Lago, José. (Vilagarcía de Arousa, 1944). Sacerdote. Capelán do Mosteiro de San Paio de Antealtares, secretario xeral do Instituto Teolóxico Compostelán, cóengo lectoral da catedral de Santiago. Publicou traballos sobre a edición galega da Biblia, sobre o Espírito Santo, etc.

 

 

Figueiras García, Marcelino. (Muros, 1952). Sacerdote. Estudiou Teoloxía, Artes Liberais, Ciencias Políticas e Criminoloxía, Historia. Párroco de Liñaio, profesor en Negreira, capelán no Hospital Clínico Universitario de Santiago, cronista oficial de Muros.

 

Filgueiras Fernández, Juan. (Pontedeume, 1934). Estudiou Humanidades, Filosofía e Teoloxía Moral. Párroco de Corticela, profesor de Teoloxía Moral no Instituto Teolóxico Compostelán, cóengo prefecto de cerimonias da catedral de Santiago.

 

Fole Freire, Luis. (Vilalba, 1936). Sacerdote. Vigairo Episcopal Territorial de Mondoñedo-Ferrol. Membro do Consello Presbiteral e do Consello de Consultores.

 

Fraga Vázquez, Gonzalo. (Palas de Rei, 1942). Sacerdote. Vigairo Xeral de Lugo. Formador e profesor do Seminario de Lugo. Director Espiritual da Lexión de María. Membro do Consello Presbiteral e do Colexio de Consultores. Director da revista Lucensia. Autor de El Seminario Diocesano de Lugo.

 

Franquila, San. Viviu no século X. Gracias a el, o mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil viviu uns momentos florecentes, con moitos monxes, entre eles nove bispos (que por iso figuran nove mitras no escudo do mosteiro). San Franquila axudou a levantar outros mosteiros: Santa María de Loio, San Cristovo de Labruxia.

 

Froilán, San. (833 - 905). Naceu en Lugo. Ós dezaoito anos foi a terras de León a vivir como ermitán. No ano 875, foi chamado polo rei Alfonso III, quen lle encomendou a erección de mosteiros, facéndoo así o santo en San Salvador de Tábara e Moreruela. Mentres, formaba parte do órgano consultivo do que dispoñía o monarca para reinar. Cando a sé episcopal leonesa queda vacante, o rei pensou en Froilán como novo bispo e, pese ás reticencias do futuro santo, logrou, xunto co pobo, convencelo para que aceptase. A súa festa celébrase o 5 de outubro.

 

Gago Blanco, Jesús. (Barro, 1938). Sacerdote. Rector do Seminario Maior San Xosé de Vigo. Profesor en dito seminario (Teoloxía Pastoral) así como no Centro de Teoloxía para Segrares e da Formación Permanente do clero. Colaborador en varias revistas.

 

Galván de Granda, Mª Luz. (Vigo, 1942). Relixiosa do Sagrado Corazón de Xesús. Secretaria Xeral de CONFER Galicia e presidenta da CONFER feminina nos anos 80. Nos noventa, Secretaria Xeral da CONFER.

 

Gandoi, Antón. (Lugo, 1930 - 2002). Sacerdote. Un dos iniciadores da revista Encrucillada. Desde Cáritas Diocesana de Lugo, creou Preescolar na casa.

 

García Amor, Eugenio. (Trabada, 1928). Sacerdote. Moderador do equipo parroquial das Pontes Delegado Diocesano do Clero de Mondoñedo-Ferrol. Prefecto de Liturxia. Profesor na Escola Diocesana de Teoloxía e no Instituto Universitario de Ciencias Relixiosas. Publicacións: artigos sobre temas bíblicos, estudios biográficos e poesía.   

 

García Mourelle, Antonio. (Monterroso, 1926). Párroco de Melide.

 

García Oro, José. (Lalín, 1931). Franciscano. Doutor en Teoloxía, Historia Eclesiástica e en Filosofía e Letras. Director das revistas Compostelanum e Liceo Franciscano. Membro do equipo editorial da editorial Biblioteca de Autores Cristianos e da Comisión Teolóxica Asesora da Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe. Autor de 40 libros (La reforma de los religiosos españoles en tiempo de los Reyes Católicos; Cisneros y la reforma del clero español en tiempo de los Reyes Católicos; Diego de Muros III y la cultura gallega del siglo XV, etc.) e 100 artigos monográficos.

 

García Rodríguez, Jaime. (Negreira, 1929). Sacerdote. Cóengo Secretario Capitular da Catedral de Santiago, Delegado de Peregrinacións, Consiliario da Arquiconfraría do Apóstolo Santiago e director da revista Compostela. Escribiu varios libros sobre a Acción Católica, a mocidade e a peregrinación.

 

García San Millán, Laureano. (Chozas de Abajo, León, 1938). Sacerdote en Xunqueira de Ambía. Escultor, ceramista e comendador. Fundou os talleres de mosaico no mosteiro de Poio.

 

Gea Escolano, José. (Real de Gandía, Valencia, 1919). Bispo de Mondoñedo-Ferrol. Autor de Cartas a un misacantano; Sacerdote de aquí y ahora; Religiosa aquí y ahora; Confirmados y comprometidos; La oración de la Virgen; Ser sacerdote en el mundo de hoy; Desafío vocacional de las parábolas, etc.

 

Gómez González, José Higinio. (Lalín, 1932). Estudiou Teoloxía, Dereito Canónico e Romano, Filosofía, italiano. Bispo de Lugo.

 

Gómez Salgado, José. (Vilar de Barrio, 1941). Sacerdote. Prelado Doméstico do Papa. Vigairo Xeral do Arcebispado Castrense.

 

Gómez Varela, Indalecio. (Castroverde, 1928). Sacerdote. Párroco de San Pedro, na cidade de Lugo. Arcipreste de Lugo-cidade. Profesor de Teoloxía Espiritual no Seminario Diocesano de Lugo. Deán-Presidente do Cabido da catedral de Lugo. Autor de Espiritualidad del sacerdote diocesano.

 

Gómez Vázquez, Miguel Ángel (Melide, 1959). Sacerdote. Párroco de once parroquias do concello de Samos. Vigairo de Coordinación Pastoral de Lugo. Profesor de Eclesioloxía no Seminario Diocesano. Fundador e Presidente da Fundación O Noso Lar. Coordenador do libro Concello de Samos: historia das súas parroquias.

 

González, Beato Pedro. Coñecido como San Telmo. (Palencia, século XIII). Relixioso dominicano. A súa predicación en terras galegas deu como froito un gran número de conversións. Tiña o don da profecía. Indo en peregrinación a Santiago, morreu en Tui, onde axiña comezou a ser visitado o seu sepulcro e era moi considerado polos mariñeiros. Venerado en América, é patrono de Tui e a súa festa celébrase o luns da II semana de Pascua.

 

González Cacheiro, Plácido. (Vilar de Vacas, 1924). Abade de Oseira (emérito).

 

González Cougil, Ramiro. (Castrelo de Miño, 1947). Sacerdote. Cóengo da Catedral de Ourense. Delegado Diocesano de Liturxia. Membro de organismos da Conferencia Episcopal relacionados coa liturxia. Profesor de Relixión en Secundaria, profesor invitado polo Centro de Pastoral Litúrxica de Barcelona e polo Instituto San Dámaso de Madrid. Imparte cursiños, conferencias, retiros e exercicios espirituais. Colaborador en publicacións periódicas: Divino Maestro, Auriensia, Phase, Lumieira, Espiritualidad y Liturxia, etc. Libros: Galicia. La religiosidad gallega ordenada a una liturgia inculturada, etc

 

González García, Miguel Ángel. (Astorga). Sacerdote. Delegado diocesano do Patrimonio Artístico da Diócese de Ourense e do Camiño de Santiago, director do Museo da catedral de Ourense, director do Arquivo Diocesano, profesor do Instituto Teolóxico Divino Maestro, director do Boletín de Estudios Fontán-Sarmiento. Autor de varios libros.

 

González Núñez, Juan Antonio. (Chandrexa de Queixa, 1944). Sacerdote. Misioneiro comboniano. Asistente xeral dos misioneiros combonianos; encargado de África Oriental. Autor de Etiopía: 38 días en el corazón del hambre  e de Etiopía: hombres, lugares y mitos.

 

Guerra Mosquera, Jesús. (Chantada, 1925). Sacerdote. Director do Museo Diocesano-catedralicio de Lugo. Autor de La pequeña historia de cinco lucenses ilustres; San Froilán, patrono de Lugo.

 

Guerrero Pérez, Eduardo José. (Betanzos, 1943). Sacerdote. Vigairo da Delegación da Prelatura do Opus en Santiago.

 

 

Hermoixio, San. Bispo de Tui no século X. Foi cativado polos árabes, que o levan a Córdoba. Unha vez liberado, volta a Tui. Retirouse un tempo ó mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil. Logo, mandou construí-lo mosteiro de San Cristovo de Labruxia, Pontelimia, onde vive os seus derradeiros anos.

 

Hernández Matías, Antonio. (Villalpando, Zamora, 1928). Deán-Presidente do Cabido catedralicio de Tui-Vigo . Membro do Colexio de Consultores. Presidente da Comisión Diocesana de Patrimonio Cultural. Profesor de Sagrada Escritura e Bibliotecario do Seminario Maior de Vigo. Vigairo Xeral do Bispado de Tui-Vigo. Publicacións: Biblioteca del Seminario Mayor de S. José de Vigo. Catálogo de libros antiguos, s. XVI-XVIII; Biblioteca del Seminario Mayor de S. José de Vigo. Colección de impresos y pliegos manuscritos; Un incunable del "Rationale" de Durando en el Obispado de Tui-Vigo; Vacante continuada y entredicho en el Obispado de Tui, 1505-1514.

 

 

Iglesias Pérez, Xosé Antón, ("Fuguillas", "Tati"). (Noia, c. 1940). Sacerdote. Participou no lanzamento dos Comités de Axuda á Loita Labrega e do sindicato Comisións Labregas. Asimesmo, no equipo Boa Nova, que elaborou material catequético e litúrxico.  

 

Ilduara, Santa. Viviu no século X en Salas, Portomarín, Vilanova. Ela e o seu marido, don Gutier, tiñan moitas propiedades pola península, o que os obrigaba a facer continuas viaxes. Foi abadesa do mosteiro de Celanova. Un dos seus fillos é San Rosendo.

 

Isorna Ferreirós, José. (Valga, 1921). Franciscano. Fundador da revista Aquí, San Antonio. Delegado diocesano de Medios de Comunicación Social do arcebispado de Santiago. Delegado de Radio Vaticano en Galicia. Membro correspondente da Real Academia Galega. Publicacións: homilías.

 

 

Linaje Alonso-Armiño, Justo. (Burgos, 1947). Superior do mosteiro de Poio.

 

Liste Buján, Marcelino. (Santiago, 1925). Cóengo da Colexiata da Coruña. Activista do movemento veciñal.

 

López Calo, José. (Nebra, 1922). Sacerdote. Socio fundador das sociedades nacionais de Musicoloxía de España e Italia, correspondente da Real Academia de Belas Artes e numerario da Galega. Profesor de Universidade. Autor de libros e publicacións musicais.

 

López Castro, Cristina. (Carballedo, 1948). Relixiosa das Mercedarias da Caridade. Directora do Colexio da Mercede de Madrid. Presidenta da Federación Española de Relixiosos Socio-Sanitarios (FERS).

 

López Castro, Manuel. (Valga, 1944). Párroco de Santiago de Betanzos. Fundador da Asociación Xuvenil Santo Domingo de Betanzos, da Coral Polifónica de Betanzos, da Coral Polifónica de Santa Comba de Cordeiro e do belén móbil de Betanzos.

 

López Fernández, Enrique (1929). Teólogo. Autor de: El don del espíritu, Las Juntas del Principado durante la Guerra de la Independencia en Asturias, El mundo joánico : introducción al cuarto evangelio,  El Real Hospital de Santiago de Montouto en la ruta jacobea de Fonsagrada, Tras las huellas de la palabra.

 

López Pérez, Eduardo. (Páramo, 1936). Sacerdote. Adscrito á parroquia de Santa Bárbara de Madrid. Notario-Chanceler do Tribunal da Rota Española.

 

López Rivas, Arximiro. (Paradela, 1932). Bacharel en Filosofía. Licenciado en Sagrada Teoloxía. Sacerdpte. Desde 1964 ata 1988 presta ministerio sacerdotal en Argentina. Bibliotecario do Seminario diocesano de Lugo. Membro do Consello de Redacción das revistas Encrucillada e Lucensia. É un dos autores da Historia da igrexa galega.

 

López Valcárcel, Amador. (La Habana,1927). Sacerdote. Arquiveiro da catedral de Lugo, profesor do Seminario, secretario xeral do Bispado de Lugo. Coautor de Episcopologio Lucense. Autor do inventario fotográfico das igrexas parroquiais da provincia e da Guía de la Diócesis de Lugo, nas súas sucesivas edicións.

 

Lorenzo González, Cándido. (Xinzo de Limia, 1925). Bispo de San Ramón Nonato, Piauí, Brasil.

 

Lorenzo Iglesias, Camilo. (San Mamede de Canda, Cea, 1940). Sacerdote. Bispo de Astorga. Membro da Comisión Episcopal de Seminarios e Universidades.

 

Lorenzo Sánchez, Ángel Tomás. (Baamonde, 1948). Sacerdote. Experto en terapia familiar. Rector do Seminario diocesano de Lugo.

 

Losada Campo, Teresa. (Lugo, 1943). Franciscana Misioneira de María. Directora do centro barcelonés Bagtal Thagafa para inmigrantes árabes. Presidenta da Asociación Española de Amizade cos Pobos Árabes. Consultora do Secretariado da Comisión Episcopal de Relacións Interconfesionais. Consultora do Pontificio Consello de Relacións Interrelixiosas para o Islam.

 

Losada Castiñeiras, Emilio Monseñor. (Cartelle, 1923). Cóengo emérito da catedral de Ourense.

 

Lourido Díaz, Cesáreo. (Leiro, 1931). Párroco. Vigairo Episcopal de Creación e Seguimento de Proxectos de Ourense.

 

Luque Piñeiro, Antonio. (Lugo, 1949). Sacerdote. Vigairo da Delegación da Prelatura do Opus en Granada.

 

 

Manilán, San. Primeiro estivo no mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil e logo no de Celanova, onde foi abade e padre espiritual de San Rosendo. Polo ano 982 considera que Deus lle pide que se retire, en penitencia ante tanta violencia social como se vivía na época. E vai a un mosteiro de León, pero os seus monxes pídenlle que volte a Celanova. Así o fai, logrando restaura-la vida disciplinada e as riquezas, que se perderan durante a súa ausencia. Morreu en 1012.

 

Maroño Pena, Evaristo Antonio. (Oroso, 1938). Relixioso da Sociedade de San Paulo. Director comercial do grupo editorial San Pablo. Presidente do Centro Iberoamericano de Editores Paulinos para a coordinación internacinal das publicacións do grupo editorial San Pablo de Iberoamérica. Colaborador en prensa.

 

Maroño Pena, Víctor Benedicto. (Oroso, 1935). Párroco. Provigairo Xeral de Santiago de Compostela.

 

Martiño Dumiense, San. (Panonia, actual Hungría, séc. VI). Apóstolo dos suevos, fundador en Dumio (preto de Braga) dun mosteiro do que foi o primeiro abade, bispo de Dumio, arcebispo de Braga. A este arcebispado pertencían daquela tódalas dióceses de Galicia. É autor do libro De correctione rusticorum. A súa festa é o 20 de marzo.

 

Martiño de Tours, San. (Panonia, séc. IV). Un dos primeiros santos non mártires venerado na Igrexa. Antes de converterse ó cristianismo fixo o sonado xesto de comparti-la capa cun pobre que atopou no camiño. Unha vez nomeado bispo de Tours seguiu axudando ós pobres, ós campesiños. A el débese a evanxelización masiva de Francia no século IV. Fundou os primeiros mosteiros de Occidente. As súas reliquias foron traídas a Galicia e, na súa honra, levantouse en Ourense unha igrexa que se convertería co tempo na actual catedral. Patrono de Ourense. A festa é o 11 de novembro.

 

Matías Creo, Mª Mercedes. (Santiago de Compostela, 1939). Superiora Xeral das Misioneiras do Divino Mestre.

 

Mato Mato, Jesús. (Paradela, 1932). Sacerdote. Párroco do Cebreiro. Fundador da emisora parroquial de Ondas Populares Españolas. Impulsor do grupo de música folk Fuxan os ventos e do grupo Auxilia. Coautor dos libros Galicia canta ó Neno e Por un Lugo sen barreiras. 25 anos de loita inacabada. Colaborador do diario El Progreso

  

Mezonzo, San Pedro. (Curtis, século X). Ós 18 anos estaba encargado de custodia-los tesouros e utensilios sagrados do pazo dos condes Hermenexildo Alóitez e Paterna. Ós 20 anos ingresa no convento de Santa María de Mezonzo. Abade de Sobrado e de Antealtares. Bispo de Santiago. Colaborou con San Rosendo. Reconstruiu a igrexa de Curtis que destruíran os normandos e a catedral de Santiago. A súa festa celébrase o 10 de setembro.

 

Miguélez Díaz, Xosé Antón. (Lugo, 1946). Sacerdote. Estudios eclesiásticos e licenciatura en Teoloxía Dogmática. Párroco de Romariz, Abadín. Obras: La teología de la liberación y su método. Estudio en Hugo Assmann y Gustavo Gutiérrez; Elemental pan pro camiño, (inédita); Recuperar a morte, (inédita).  

 

Mojón Rodicio, Eligio Monseñor. (Montederramo, 1928). Párroco emérito de San Miguel do Campo.

 

Moreda de Lecea, Carlos. (A Coruña, 1946). Sacerdote. Profesor de Moral Económica e Social na Facultade de Teoloxía da Universidade de Navarra. Rector do Colexio Eclesiástico Internacional Bidasoa. Membro do Consello de Redacción da revista Acción Empresarial. Publicacións: Reflexiones éticas sobre la economía actual. Religión y cultura; Insider Trading: una perspectiva ética; La especulación en el nuevo Catecismo de la Iglesia Católica.

 

Moreiras Santiso, Xosé A. (1939). Relixioso, mestre, editor. Autor de: Liturxia galega; Os mil e un refráns galegos da muller; Os mil e un refráns galegos do home.

 

Morente Torres, Xosé. (Betanzos, 1932). Cóengo da Colexiata da Coruña e párroco de San Nicolao. Colaborou na traducción dos Evanxeos (A Palabra de Deus) e en varias edicións do misal. Tamén editou O Catecismo na escola.

 

Moure Corte, Benigno. (Arnoia, 1932). Licenciado en Teoloxía e Dereito Canónico. Sacerdote. Presidente da Fundación San Rosendo. Distinguido coas medallas Castelao e a de Prata da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

 

Negro Expósito, Antón. (Antas de Ulla, 1953). Estudios eclesiásticos, de Socioloxía, Inglés, etc. Sacerdote e profesor.

 

 

 

 

Osorio Gutiérrez, San (O conde santo). Naceu arredor do ano 933. Herdou moitos riquezas e el mesmo conseguiunas durante a Reconquista. Cando morreu a súa dona, Urraca Núñez, retirouse ó mosteiro de Vilanova de Lourenzá, que construíra e dotara cos seus bens.

 

Otero Couso, Ramón. (Alfoz, 1944). Párroco da Concatedral de San Xulián de Ferrol. Ecónomo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol.

 

Otero Outes, Luis. (Santiago, 1936). Profesor do Instituto Teolóxico Compostelán. Vigairo Episcopal de Ensinanza e Catequese de Santiago. Membro do Consello Asesor da Comisión Episcopal de Ensinanza e Catequese. Presidente da Asociación Española de Catequetas. Membro do Consello de Redacción da revista de pastoral Lumieira.

 

Paio, San. (912-925). Naceu en Alveos (Pontevedra). Sobriño do bispo Tui, a quen os árabes fixeron prisioneiro en Córdoba. Paio, ós dez anos de idade, chega a esa cidade e cando o bispo ía ser canxeado por outros cativos, Paio queda como fianza en mans de Abderramán III. Este manda, con fins posiblemente luxuriosos, manda chamar ó neno, que resiste e morre martirizado. A súa festa celébrase o 13 de xuño (O Puxedo, Lobios), o 29 de xullo (Ramirás), o 4 de agosto (Tiobre, Betanzos) o oito de outubro (Fisterra).

 

Paradelo Álvarez, Lisardo. (Vilaseco do Bolo, 1940). Párroco de Santiago Apóstolo de Petín de Valdeorras. Profesor de instituto. Vigairo Episcopal da Zona de Galicia da diócese de Astorga.

 

Pato Baceiredo, Andrés. (Baños de Molgas, 1939). Estudios: Filosofía, Teoloxía, Xeografía e Historia. Sacerdote. Director nacional da Asociación da Medalla Milagrosa.

 

Pedro de Mezonzo, San. (930-1003). Naceu en Curtis, foi servente duns señores, fíxose monxe bieito en Mezonzo, foi abade de Sobrado e Antealtares e bispo de Santiago. Durante o seu episcopado, Almanzor chega a Compostela. San Pedro fixera evacua-la cidade quedando el rezando ante a tumba do Apóstolo. Cando Almanzor o ve, manda poñer gardas cabo do sepulcro para impedir calquera atropelo. A súa festa celébrase o  10 de setembro.

 

Pere López, Segundo Leonardo. (Guitiriz, 1948). Sacerdote. Director do Instituto Teolóxico Compostelán e do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas de Santiago. Rector do Seminario Maior de Mondoñedo-Ferrol. Director de Estudios Mindonienses.

 

Pérez Domínguez, José. (Muíños, 1947). Cóengo da Catedral de Ourense. Vigairo de Pastoral e Coordinador da Formación Permanente do Presbiterio Diocesano de Ourense. Profesor de Teoloxía Espiritual.

 

Pérez Prieto, Victorino. (Hospital de Órbigo, León, 1954). Estudios: Debuxo e Pintura, Teoloxía Dogmática e Sagradas Escrituras. Sacerdote. Autor de Galegos e cristiáns; A xeración Nós. Galeguismo e relixión; Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo; Con cordas de tenrura.

 

Peteiro Freire, José Antonio. (Vilasantar, 1936). Franciscano. Doutor en Teoloxía, diplomado en Pedagoxía. Arcebispo de Tánxer.

 

Portela Trigo, José Luis. (A Guarda, 1942). Párroco de Figueiró, Estás e Forcadela. Ecónomo de Tui-Vigo. Publicacións: Monumento a la Santísima Virgen Peregrina. Su historia; El crucero y la plaza de San Martín o "Telleiro"; San Campio "de lonxe". Su vida e historia en Figueiró; Homenaxe a María-Asunción Vázquez Vicente (Chuny); Un "Botafumeiro" para un santuario.

 

Porto Buceta, José. (Portas, 1940). Párroco de Santa María a Maior e Real de Sar. Profesor no IES Monte de Conxo. Director do Museo da Colexiata do Sar.

 

Pousa Rodríguez, Jesús Monseñor. (Cea, 1919). Párroco emérito de Santiago de Caldas, Ponte, Ourense.

 

Precedo Lafuente, Manuel Jesús. (Cambre, 1925). Diplomado en Filosofía e licenciado en Teoloxía e Ciencias Bíblicas. Deán honorario das catedrais de Santiago e Braga. Publicacións: Santiago Apóstol, apellidado El Mayor; Guía de la Catedral de Santiago de Compostela; Santiago y su catedral, etc.

 

 

Quindós Pardo, José Julio. (La Habana, 1923). Sacerdote. Vigairo Episcopal para a Vida Consagrada de Lugo. Membro do Consello Episcopal e do Colexio de Consultores.

 

Quinteiro Fiuza, Luis. (Vila de Cruces). Licenciado en Teoloxía, doutor en Filosofía. Bispo de Ourense.

 

 

Regal Ledo, Manuel. (Chantada, 1947). Autor de poemas-oración, presentes nos libros Un caxato para o camiño; Chorimas. Plegarias de amor e soidade e, acompañando a comentarios do Evanxeo. Tamén é autor das obras Co Evanxeo pola man; Benqueridos amigos; Convocados para irmandade. É un dos organizadores do Movemento Rural Cristián Galego.  

 

Rielo Carballo, Isaac. (Pol, 1930). Licenciado en Teoloxía Fundamental e Dereito Canónico, diplomado en Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria. Capelán militar.

 

Rielo Carballo, Nicanor. (Pol, 1932). Cura dos Peares. Investigador, membro do Instituto Padre Sarmiento. Forma parte do Patronato do Museo do Pobo Galego. Obras: Escolma de Carballedo; A romaxe do Faro; Do meu lar.

 

Rivas Quintas, Eligio. (Xunqueira de Ambía, 1925). Sacerdote, escritor e profesor. Presidente da Asociación de Amigos dos Milagres e San Mamede, cofundador da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, cofundador da Asociación Galega de Onomástica, correspondente da Real Academia de Historia.

 

Rivera Rouco, Enrique (1938). Sacerdote e historiador. Autor de: Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca.

 

Rivera Vázquez, Evaristo (1929). Xesuíta e historiador. Autor de: Colegio Apóstol Santiago : historia de una larga peregrinación; La Compañía de Jesús en Galicia, en la edad moderna : su historia, sus colegios.

 

Rodríguez Carballo, José. (Lodoselo, 1953). Franciscano. Definidor-Conselleiro Xeneral da Orde Franciscana para España e Portugal, Secretario Xeral da Orde para a Formación e os Estudios. Visitador Xeral de varias provincias franciscanas. Ministro xeneral da Orde. Autor de Las parábolas de Jesús e varios artigos.

 

Rodríguez Fernández, Celso. (Goián, 1932). Cóengo do Cabido catedralicio de Tui-Vigo. Catedrático de Latín da Universidade de Vigo. Libros publicados: La virginidad. Testimonios latinos; La pasión de San Pelayo. Edición crítica; etc.

 

Rodríguez Fernández, Xosé Xulio. (Ribas de Sil, 1950). Sacerdote. Responsable da Asociación de Sacerdotes de Prado de España.

 

Rodríguez Fraiz, Salvador Antonio. (Cercedo, 1912 - Campañó, 1995). Sacerdote con destino pastoral en Vilariño (anos 30) e Cervás (anos 40). Nesta última parroquia confecciona unha revista en galego. É un dos fundadores do Museo do Pobo Galego. Dixo a primeira misa en galego (Buenos Aires, 25-VII-1961). Publicacións: Nuestra Señora de la Merced de Chanteiro; El santuario de Nuestra Señora de los Milagros de Amil; Canteiros e artistas da terra de Montes e ribeiras do Lérez; As pontes do Lérez e Castelao na alma dos escritores do seu tempo.

 

Rodríguez García, Serafín. (Riotorto, 1928). Párroco de San Martín de Mondoñedo, director do Museo de San Martín.

 

Rodríguez Pampím, Xosé Manuel. (Melide, 1940). Sacerdote. Colaborou na traducción da Biblia e publicou unha edición infantil (A Biblia dos nenos). Outras publicacións: Nova conciencia na Igrexa galega; Pro e contra da liturxia en galego. Historia dunha polémica.

 

Rodríguez Pérez, Luis Manuel. (Sober, 1951). Sacerdote. Vigairo Episcopal de Ensino de Lugo. Profesor de Moral no Seminario, no Instituto Teolóxico Lucense e no Instituto "Lucus Augusti". Capelán do Colexio María Auxiliadora e da Residencia Compañía de Xesús.      

 

Romero Pose, Uxío. (Zas, 1949). Bispo auxiliar de Madrid. Membro do Consello da Cultura Galega. Autor de Un nuevo intento de reconstrucción del comentario al Apocalipsis de Ticonio; Influencias judias en la literatura ticoniana, etc. Colaborou na Gran Enciclopedia Gallega

   

Rosendo, San. (907-977). Naceu nas beiras do río Salas. Foi abade do mosteiro de Portomarín. Fundador do mosteiro de Celanova. O rei Ordoño III fíxoo, no ano 955, gobernador e durante o exercicio deste cargo tivo que facer fronte ó acoso de árabes e normandos. Polo ano 970 administrou provisionalmente a arquidiócese de Santiago. No ano 974 retírase definitivamente a Celanova, onde vive os seus últimos anos adicado á oración e á predicación. San Rosendo é considerado o patriarca dos monxes do noroeste hispano. A súa festa celébrase o 1 de marzo.

 

Rouco Varela, Antonio María. (Vilalba, 1936). Cardeal arcebispo de Madrid. Presidente da Conferencia Episcopal Española. Membro da Congregación para a Educación Católica e do Pontificio Consello de Cultura. Director xeral da Irmandade da Sagrada Familia. Numerario da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.

 

 

Salgado Valdés, Gerardo. (Barbadás, 1929). Sacerdote. Estudios: Órgano, Belas Artes, Ciencias da Educación. Foi Profesor e director de agrupacións musicais.  É cóengo organista da catedral de Ourense.

 

San Cristóbal Sebastián, Santos. (Segovia, 1928). Cóengo e director do Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo. Obras publicadas: Españoles en Francia hoy; La ciudad de Mondoñedo; Los cánones de la misa y canto gregoraino; Pedras da catedral, etc. Responsable da edición de maquetas recortables de monumentos. Pintor, arqueólogo.

 

Sánchez Canals, Bartolomé. (Palma de Mallorca, 1949). Sacerdote. Rector do Seminario Maior de Santiago.

 

Santiago o Maior ("Fillo do trono"). Un dos doce apóstolos, que xunto a outros dous (o seu irmán Xoán e máis Pedro) formaban un grupo íntimo moi próximo a Xesús. Santiago estaba entre os primeiros chamados por Xesús e tamén entre os que presenciaron a transfiguración de Xesús. foi martirizado durante o reinado de Herodes Agripa I. Os restos do apóstolo foron transportados milagrosamente a Santiago de Compostela.   

  

Seixas Subirats, Xaime. (Santiago, 1915 - Valladolid, 1994). Xesuíta. Estudios: Ciencias da Educación, Linguas Clásicas, Filosofía e Teoloxía. Funda en Salamanca e na Coruña senllos grupos de Vangarda Obreira. En Vigo funda a Comunidade de Vida Cristiá Nosa Señora da Guía e Santiago Apóstolo. Inspirou o nacemento de Badal, material litúrxico en galego.  Nos anos 1950 predica en galego e o 25 de xullo de 1965 celebra a primeira misa en galego en honra de Rosalía de Castro.

 

Seniorina, Santa. (Século X). Abadesa do mosteiro de Vieira, Portugal. Durante unha visita do seu curmán San Rosendo, dous obreiros sufriron unha caída, quedando como mortos. Seniorina pediulle ó seu curmán que fixese algo por eles, e así foi: despois dun longo tempo de oración, aplicoulles oleo bendito na boca, logrando que os dous se incorporasen e agradecesen o beneficio recibido. Cando San Rosendo morreu, Santa Seniorina tivo unha visión da súa entrada no ceo.

 

Silva Méndez, Jesús César. (Ourense, 1933). Sacerdote. Fundador-presidente de "Benposta Nación de Muchachos". Fundou a Escola Internacional de Circo e "El Circo de los Muchachos".

 

Silva Zamora, Rafael (1936). Teólogo, escriturista, libreiro, traductor. Autor de: Hechos de Jesús: bautismo, tentación, transfiguración en la exégesis actual; El Pórtico de la Gloria: autor e interpretación. En colaboración: El trabajo manual del clero.

 

Soneira Lema, José. (Ponteceso, 1934). Sacerdote. Vigairo Episcopal Territorial da Zona da provincia de Pontevedra pertencente á Diócese de Santiago.

 

Sotelo Iglesias, María José. (Ourense, 1959). Superiora da Provincia de Galicia do Instituto Calasancio Fillas da Divina Pastora.

 

Sueiras Martínez, María Dolores. (A Coruña, 1942). Superiora Xeral das Relixiosas de María Inmaculada.

 

 

Taboada Vázquez, Rafael. (Melide, 1926). Abade da Colexiata de Santa María da Coruña. Director da Cátedra Colexiata na Universidade da Coruña. Membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Presidente da Asociación de Amigos do Museo e a Colexiata. Autor de Nuestra boda; Morir con dignidad; Gente feliz, etc.

  

Torcuato, San (Trocado). Xunto con outros seis bispos (varóns apostólicos), evanxelizou España. A súa festa celébrase o 21 de maio.

 

Toribio de Astorga, San. (antiga Gallaecia, século V). Peregrinou a Terra Santa, de onde trouxo un fragmento do leño onde crucificaron a Cristo. Foi bispo de Astorga. A súa loita contra o priscilianismo mereceu o eloxio do papa San León Magno. Trala destrucción de Astorga polos visigodos, é levado preso ás Galias. Conseguiu volver á súa cidade episcopal e reconstruíla. Celébraselle festa solemne nas parroquias galegas da diócese de Astorga o luns da II semana de Pascua.

 

Torres Queiruga, Andrés. (Ribeira, 1940). Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago. Director da revista Encrucillada. Obras: A revelación de Deus na realización do home; Recupera-la salvación; Creo en Deus pai, etc. As súas liñas de investigación teolóxica son: a Revelación é un proceso histórico; antes que xuíz, Deus é amor; Deus redime o mal desde o interior da historia humana; diálogo co mundo moderno e coas demais relixións; na oración, máis que pedir, debemos mostrarnos confiados e agradecidos; conxunción de cristianismo e galeguismo.

 

Trahamunda, Santa. Naceu a finais do século VII en San Xoán de Poio. Estivo no mosteiro de San Martiño, onde a prenderon os mouros. Estes lévana a Córdoba, onde a torturan intentando que renuncie á súa fe e ante a negativa dela, encarcérana. Pero uns anxos sácana do presidio e lévana a Poio.

 

Trillo Pérez, Joam (1942). Teólogo, compositor, musicólogo, director da Xove Orquestra de Galicia. Autor dos seguintes libros (en colaboración con Carlos Villanueva): El archivo de música de la catedral de Mondoñedo; La música en la catedral de Tui; Polifonía sacra galega. Composición musical: Chananæa : oratorio para solos, coro e orquestra.

 

 

Valcarce, Moncho. (A Coruña, 1935 - 1993). Sacerdote. Participou en varias loitas labregas: As Encrobas, Baldaio, Xove, As Enchousas, Larín. Obra: Revolucionario e místico. Diario íntimo da doenza final.

 

Valiña Sampedro, Elías. Ver apartado especial. 

 

Vázquez, Beato Pedro. (Verín, c. 1591 - Xapón, 1624). Ós dezaseis anos faise dominico e ós vinteún embarca en Sevilla cara a Manila, pero ten que facer en México unha escala de dous anos (non había outro barco antes). Por fin chega ás Filipinas, onde permanece seis anos. Decide pasar a Xapón, pero como non podía desembarcar, disfrázase de comerciante. No país nipón tamén se disfrazará de soldado, sempre coa finalidade de auxiliar, na clandestinidade, ós cristiáns perseguidos pola súa fe. Estando un día enterrando entre unhas canas a un frade martirizado uns días antes, captúrano e lévano á cadea, onde permanecerá un ano ata que o martirizan nun lume. A súa festa celébrase o 1 de xuño, ou o 7 de xullo ou o 25 de agosto.

 

Vázquez Carballo, José Mario. (Santo Estevo de Rivas de Miño, 1953). Sacerdote. Secretario particular do bispo de Lugo. Director do Instituto Teolóxico Lucense.

 

Vázquez Costa, Manuel Eduardo. (Antas de Ulla, 1918). Franciscano. Vigairo do Convento dos Padres Franciscanos de Santiago.

 

Vázquez Rouco, Sergio (1933). Relixioso, teólogo. Autor de: San Xoán de Poio : monasterio, coto, parroquia; Santa Eulalia de Curtis : cuna de San Pedro de Mezonzo : coto, monasterio, parroquia.

 

Vicente Ferreiros, Antonio. (Catoira, 1938). Sacerdote. Coordinador do Plano Pastoral Diocesano de Santiago de Compostela. Vigairo Episcopal Territorial.

 

Villares Mouteira, Félix. (Vilalba, 1947). Sacerdote. Fundador da revista Amencer. Vigairo Xeral de Mondoñedo-Ferrol e Moderador da Curia. Delegado Episcopal de Cáritas. Autor do libro Os poetas do seminario e coordinador da obra A carón do lume.

 

Villegas Martínez, Luis Miguel. (Pontevedra, 1948). Irmán menor capuchino. Director do Departamento de Acción Social da Confederación Española de Relixiosos.

 

Vimarasio, San. Bispo de Tui no século X. Os seus derradeiros anos pasounos retirado no mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil.

 

Vizcaya González, Francisco. (Maside, 1926). Cóengo doctoral. Profesor no Seminario de Ourense. Chanceler-Secretario do Bispado de Ourense.

 

 

Wintila, San. Viviu no século IX, primeiro na casa dos seus pais, naturalmente; logo, nun mosteiro e, finalmente, como anacoreta nas terras de Santa María de Punxín. Ata el chegaban enfermos para ser curados. O primeiro domingo de Pascua celébrase unha romaría xunto ó sepulcro do santo, na igrexa parroquial de Santa María de Punxín.