A Peña GV naceu de xeito informal cando un grupo de amigos de Grallás e Vilar, no concello do Páramo se xuntaron para xogar ao fútbol e compartir a amistade organizando diversos actos lúdicos: Magostos e outras comidas como a de “A Matanza”… e tamén a formación do grupo musical “Os Tuberías”. E dende hai 32 anos estanse a celebrar as “festas da Peña GV”, primeiramente o 15 de setembro e despois 23 de agosto.
Esta unión extendeuse coa incorporación de socios de todo o municipio e concellos limítrofes… chegango a ser unha referencia festiva para toda a contorna. Tamén se sumou moita xente de Lugo. Actuacións como as de Los Chunguitos, La Década Prodigiosa, Melody, Lucía Pérez e as máis afamadas orquestas de Galicia fixeron que estas festas mantivesen o seu tirón durante moitos anos.
As comidas.
Unha parte importante desta festas son as comidas de confraternidade. Un momento o da comida e a sobremesa como o lugar axeitado para esteitar a amistade. A víspera da festa o día 22 convócase a todos os socios e amigos para participar gratuitamente nunha cena. Moitos anos foi famosa pola paella xigante que se elaboraba. Esta cena está acompañada tamén pola actuación dun grupo musical. Ao día seguinte, o 23, hay tamén un xantar compartido, precedido da celebración dunha misa campestre.
“Os Tuberías”
Una decena de vecinos membros da Peña GV popularizaron nas festas da contorna un grupo chamado “Os Tuberías”. Este nome responde ao material co que estaban confeccionados os instrumentos, feitos de xeito artesanal con tuberías de plástico, embudos, cinta aislante e moita imaxinación. Un membro tocaba o acordeón e os demais seguia o ritmo. Durante seis anos mantiveron unha actividade intensa, que foi decaendo debido as múltiuples ocupacións dos compoñentes. Nas festas de Grallás desde ano 2019 volvéronse a xuntar para recordar eses anos e deixaron claro que o espiritu do grupo seguía vivo, a amistade tamén. En combinación co Dúo Arume animaron a noite da verbena.
Programa de festas 2019.
Este ano 2019 o programa de festas respeta a mesma estructura: O día 22 hai unha churrascada ás 21h. E festa e verbena amenizada grupo Grupo Vox de Ponteareas. O 23 comezan os actos cunha misa campestre as 13.30h. Logo hai sesión vermú amenizada pola Orquesta Compostela, de xira ao cumprir 100 anos de existencia. E as 15h. comida para no campo da festa. Gratis para os socios e 25€ para os que que queiran sumar. Pola noite seguirá a Orquesta Compostela.
Deixa unha resposta