Quen está a escribir neste blog sobre a igrexa e a vida das parroquias do Páramo é José Manuel Castro Alba. Son párroco de San Martiño de Torre e administrador parroquial de San Xoán de Friolfe, O Salvador de Vileiriz, O Salvador de Piñeiro, San Mamede da Ribeira e Santa Mariña de Adai… E desde marzo de 2014, encárgome tamén das cinco parroquias que durante 52 anos estivo atendendo pastoralmente D. Edelmiro Penelas Pérez: Grallás, Reascos, San Vicente de Gondrame, Santa María de Gondrame e Ribas de Miño. Últimamente, tra-la xubilación de don Manuel Quiroga, recibien a encarga da parroquia de Santiago de Sa.
Ademais, hai outros sacerdotes neste concello do Páramo. D. Eladio Fernández Fernández párroco de Vilarmosteiro, xa xubilado. Aquí está o famoso Campo da Feira, coa casa do Concello, o centro escolar, centro médico e outros servizos públicos. Atende agora a parroquia D. Severino Piñeiro, e tamén as de Neira, Vilasante e san Pedro de san Andrés.
Cara á Pobra de San Xiao, Alberto Riádigos é o párroco de Moscán e de Vilafiz.