A misa en Galego

posted in: Páramo | 0

A Misa en Galego

Misa do Día dos Maiores no PáramoSAÚDO INICIAL

CELEBRANTE: No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

POBO: Amén

 

C. A gracia do noso Señor Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espírito Santo sexan con todos vós.

P. E contigo tamén.

ACTO PENITENCIAL

C. Irmáns, para celebrarmos dignamente os santos misterios, recoñezamos que somos pecadores.

Eu confésome pecador

diante de Deus omnipotente

e tamén diante de vós, meus irmáns,

pois teño pecado moito de pensamento,

de palabra, de obra e de omisión.

Pola miña culpa, pola miña culpa,

pola miña grandísima culpa.

Por iso lle pido á benaventurada Virxe María,

a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós tamén,

meus irmáns, que roguedes por min

a Deus, o noso Pai.

PERDÓN

C. Ti que fuches enviado a salva-los corazóns arrepentidos :

Señor, ten piedade de nós

P. Señor, ten piedade de nós.

C. Ti que viñeches chamar ós pecadores :

Xto, ten piedade de nós.

P. Cristo, ten piedade de nós.

C. Ti que estás á dereita do Pai para intercederes por nós:

Señor, ten piedade de nós.

P. Señor, ten piedade de nós.

C. Deus omnipotente teña piedade de nós,

nos conceda o perdón dos nosos pecados

e nos leve á vida eterna.

P. Amén.

GLORIA

Gloria a Deus no ceo,

e paz ó seu pobo na terra.

Noso Señor Deus, rei do ceo,

Deus Pai todopoderoso;

Louvámoste, bendecímoste,

adorémoste, glorificámoste

e dámosche gracias, pola túa inmensa gloria.

Señor, Fillo único, Xesucristo,

Señor Deus, Año de Deus, fillo do Pai.

Ti, que quíta-lo pecado do mundo,

ten piedade de nós.

Ti, que quíta-lo pecado do mundo,

escoita a nosa oración.

Ti, que estás á dereita do pai,

ten piedade de nós;

porque Ti é-lo único Santo, Ti, o único Señor,

Ti, o único Altísimo Xesucristo,

co Espírito Sto.

na gloria de Deus Pai. Amén.

C. Oremos. …Pedímosche por Xesucristo… por sempre eternamente.

P. Amén

DESPOIS DAS LECTURAS

LECTOR Lectura de…

Palabra do Señor
POBO Gracias a Deus.

EVANXEO

C. O Señor sexa convosco.

P. E contigo tamén.

C. Lectura do Santo Evanxelio según San…

P.    Gloria a Ti, Señor Xesús.

C.  (…….) Palabra do Señor

P.    Louvámoste, Cristo.

 

CREDO

Creo en Deus, Pai Todopoderoso.

Creo en Xesucristo,

o seu único Fillo, o noso Señor

que foi concebido por obra  e gracia

do Espíritu Santo,

naceu de Santa María a Virxe.

Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato.

Foi crucificado, morto e sepultado.

Descendeu ós infernos,

ó terceiro día resucitou de entre os mortos.

Ascendeu ós ceos

e está sentado á dereita de Deus,

Pai Todopoderoso.

Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos.

Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica,

a comunión  dos Santos,

o perdón dos pecados, e a vida eterna. Amén.

 

PRESENTACIÓN DO PAN

C. Bendecímoste, Señor,  Deus do  universo. Da  túa bondade recibimos  este pan, que é  froito da  terra e do traballo dos  homes. Presentámoscho  agora  para que se nos  converta no pan  de vida.

P.  Bendito sexa Deus, agora  e sempre.

 

PRESENTACIÓN DO VIÑO

C.  Bendecímoste, Señor, Deus do universo.  Da túa  bondade recibimos este viño, que é   froito da vida e  do traballo dos homes. Presentámoscho agora   para que se nos  converta  na bebida  de salvación.

P.  Bendito sexa Deus,  agora e sempre.

C.   Pregade,irmáns, para  que este  sacrificio  meu e  voso sexa ben  aco-llido por Deus Pai  omnipotente.

P.  O Señor acolla das túas mans  este sacrificio,  para louvanza e para  gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa Santa Igrexa.

C.  Pedímoscho a ti, que vives e reinas por  sempre eternamente.

P.   Amén.

 

PREGARIA EUCARÍSTICA


C.  O Señor sexa convosco.
P.   E contigo tamén.
C.   Erguede os corazóns.
P.   Témolos postos no Señor
C.   Deámoslle gracias ó  Señor,   noso Deus
P.    É digno e de xusticia

 

SANTO

Santo, Santo,

Santo es ti, Señor,

Deus do universo.

Enche-lo ceo e maila terra coa tua gloria

¡Hosanna no ceo!

Bendito o que vén

no nome do Señor

¡Hosanna no ceo!

DESPOIS DA CONSAGRACIÓN

C.   Velaquí o misterio da  nosa fe.

P.   Anunciámo-la túa morte,  proclamámo-la túa  resurrección, ¡ven , Señor Xesús!

C.   Por El. con El e en El …por sempre eternamente.

P.    Amén

 

NOSO PAI

 

C. Guiándonos polos consellos do  Salvador  e  seguindo a súa doctrina, atrevémonos a dicir:

 

Noso Pai que estás no ceo,

santificado sexa o teu nome.

Veña o teu Reino

e fágase a túa vontade

aquí na terra coma no ceo.

Danos hoxe o noso pan de cada día;

perdoa as nosas ofensas,

como tamén perdoamos nós

a quen nos ten ofendido;

e non nos deixes caer na tentación,

mais líbranos do mal.

 

C. Líbranos, Señor, de tódolos males e dáno-la paz nos nosos días. Fai que, axudados pola túa  misericordia, vivamos  sempre libres de  pecado e  amparados  de toda desgracia. Mentres  esperámo-la salvación e a  volta gloriosa do noso Señor  Xesucristo.
P.  Pois teus son o reino, o poder e maila  gloria
por sempre eternamente.

 

A PAZ

C. Señor Xesucristo,Ti  dixéche-los teus Apóstolos: “Déixovo-la miña paz, dóuvo- la miña paz”. Non  míre-los  nosos  pecados  senon a fe da túa Igrexa; dígnate darlle a paz e  maila unión  de acordo coa  túa vontade. Pedímoscho a ti, que  vives  e reinas por sempre eternamente.

P.  Amén.

C.  A paz do Señor sexa  sempre convosco.

P.   E contigo tamén.

C.  Dádevo-la paz coma  irmáns.

AÑO DE DEUS


Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo,
ten piedade de nós.
Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo,
ten piedade de nós
Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo,
dáno-la paz.

 

COMUÑÓN

C. Este  é o Año de Deus que quita o pecado  do mundo. Felices os convidados á cea do Señor.

P.  Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa abonda para me salvar

 

DESPEDIDA

 

C.  O Señor sexa convosco.

P.   E contigo tamén.

C.  Bendígavos Deus  Todopoderoso:  Pai,  Fillo e Espírito Santo.

P.   Amén.

C.  Podedes ir en paz, e que  o Señor vos  acompañe.

P.   Démoslle gracias a Deus.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.