Advento: Que esperamos?

posted in: Homilías | 0

Chega un ano máis o advento e todos nos poñemos de novo e lembrar, a repetir os tópicos de sempre: advento é tempo de espera; advento é unha nova chamada do Señor; é un tempo de preparación para recibilo… dicimos que comeza un ano máis o advento, pero ¿sabemos realmente o que esto significa?, ¿realmente é un ano máis?. Non é un ano máis. Ou, polo menos, non o debe ser. A concepción litúrxica do tempo, da vida, non é lineal, repetitivo, senon que se trata dunha linea en espiral. Cada ano representa unha superación do vivido no ano anterior.

Despois des ter celebrado e vivido o advento nas nosas vidas repetidas veces, non podemos estar coma ó principio. Se comezamos coñecendo o significado deste tempo que inaugura o ano liturxico e fomos profundizando nas súas esixencias para nós coma crentes, non podemos continuar igual que o primeiro día. Debemos dar un paso máis.

Para comezar debemos ter craro coma crentes que é o que esperamos. É o punto de partida. Saber de onde saímos e cara onde camiñamos. Sabemos que o nacemento de Xesús representa para nós, coma crentes, un acontecemento transcendental. O feito de que Deus se encarnara foi algo extraordinario. Foi a máis clara manifestación de que Él está sempre con nós, nas nosas vidas, que nunca nos abandona. Co nacemento de Xesús vemos coma Deus entra nas nosas vidas, se identifica coa nosa humanidade e comparte con nós penas e alegrías.

Así, pois, sabedores desta presencia divina na nosa humanidade, presencia que celebramos no Nadal, o sentido desta espera é a preparación do noso interior para poder ser merecentes de tal compañía. Preparámonos para recibir ó Señor porque sabemos que Él vai entrar nas nosas vidas. Este feito non nos debe deixar impasibles.

Unha vez que sabemos que é o que esperamos, e sabemos da próxima presencia de Deus nas nosas vidas, o seguinte paso é poñernos en marcha, dar pasos para manifestar ante os demais que esto que cremos é unha realidade. Saber que Deus se vai manifestar ós homes é algo que que nos eleva de categoría. Debemos estar á altura das circunstancias. Debemos dalo todo polos demais como Él o deu todo por nós. Debemos empezar a comprometernos. ¿Que esperamos, pois?.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.