Festa da Pascua en Piñeiro

posted in: PIÑEIRO | 0

Dous centos de personas déronse cita en Piñeiro, no Páramo, para celebrar a Pascua, cun concerto da Coral Unió Musical de Paiporta (Valencia) e participando nunha comida de irmandade.

Piñeiro, O Páramo. 27 de abril 2019. Este acontecimento foi iniciativa de catro veciños de Piñeiro que se uniron este ano para organizar un concerto de Pascua e unha comida parroquial, despois de moitos anos sen haber festas na parroquia. Un deles, desplazado en Papiorta e membro da coral desa localidade, animou aos seus compañeiros a desprazarse ó Páramo para ter unha actuación no seu pobo natal.
Iniciáronse os actos coa celebración dunha misa de Pascua, coa bendición do Lume e da Auga, cantada pola coral. Ao final da misa tivo lugar o concerto. Posteriormente houbo un xantar campestre na carballeira onde tradicionalmente se celebraban as festas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.