Festival de Nadal en O Páramo

posted in: Nadal, Páramo, Ribas de Miño | 0


O venres, 23 de decembro, a partir das sete da tarde, a parroquia de Ribas de Miño (O Páramo) acollerá un festival de Nadal consistente na bendición do belén, lectura do pregón e canto de villancicos e panxoliñas. É a primera vez en moitos anos que se fai un actos específico deste tipo, pois o canto de villancicos é xa unha tónica xeral cando chegan estas datas, pero non o de reunirse fóra da celebración da Eucaristía.

É éste tamén un ano especial polo belén que se pode contemplar na parroquia de Ribas de Miño (igrexa do Vilar). As figuras son a tamaño natural:  O san xosé mide 1.90! e conta con elementos aportados por veciños e fegreses destas parroquias e outras personas que teñen relación co Páramo por diversos motivos.

O canto de villancicos será tamén a cargo de persoas das parroquias do Páramo, de distintas idades, maiores e nenos. E foron ensaiados coa axuda do dúo Arume, tamén desta parroquia de Ribas de Miño. As persoas que queiran participar neste evento aínda están a tempo. Haberá un último ensaio de cantos o mesmo venres ás 17.30h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.