Misa do Día dos Maiores no Campo da Feira

posted in: Páramo, Sacerdotes | 0

Xa é tradicional no Páramo a celebración da Misa no campo feira con motivo da xuntanza dos maiores que organiza o Concello para homenaxear a estas persoas que o deron todo polos seus e polas parroquias nas que viven, facendo do Páramo un lugar de acollida para todos. A carballeira ofrece un marco ideal para esta celebración. No día de hoxe presidía a Eucaristía José Manuel Castro Alba, que na oración deu grazas pola vida, a terra e o “son o sinal da presenza de Deus ó noso lado. Concelebraron na mesma Severino Piñeiro, Manuel López, Luis Chousa, Jorge Vázquez Freire, Manuel Quiroga, Manuel Vázquez Arrojo e Constantino Vázquez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.