Os emigrantes

posted in: Páramo | 0

Comparto no día de hoxe dúas historias da emigración. De onte, de hoxe, de sempre. Coincido no mesmo día, 29 de xullo, en dúas celebracións diferentes pero unidas pola condición de emigrantes de todos eles. Uns retornados e outros todavía a medio camiño entre o Páramo e a emigación. Dous lugares diferentes e distantes: Suiza e Canadá.  Por unha banda dispóñome a bautizar un neno da familia de Canteiro de Beleigán, que marcharon hai 45 anos para alá,  e por outra compartín por segundo ano consecutivo unha comida de confraternidade con emigrantes en Suiza, do Páramo e Paradela principalmente, que celebran reencontros dende hai catro anos despois de máis de trinta coincidido en terras Suizas. Celebraron tamén a Eucaristía na parroquia de san Antonio de Lugo. Un motivo de unión e reunión de todos eles é o capelán de emigrantes, José Otero, que os acompañounos nos primeiros días de estancia naquelas terras, bautizou a moitos…. e voltou de novo tamén, coma eles, despois da xubilación.

O motivo de relación conmigo é porque servín de enlace para poñer en contacto a don José con algunha familia do Páramo, fregueses de Friolfe, os de Outeiro. Este ano uníronse tamén os de Rita.

Deixo dúas estampas, as fotos de familia dos dos encontros. Familia de emigrantes Bautizo de Canteiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.