Parroquia de Friolfe (O Páramo)

posted in: FRIOLFE | 0

A parroquia de Friolfe conta coa igrexa románica, dedicada a San Xoán e a  Capela de San Lourenzo, na Montaña. Segundo o censo de 2009 conta con 224 habitantes.Está integrada polos seguintes barrios:

  1. Bicás
  2. Bravos
  3. A Cabana
  4. Cabanas
  5. A Cancela
  6. Escouprín
  7. Friolfe
  8. Guisande
  9. Lagoa
  10. Mato
  11. Outeiro
  12. Pacios
  13. Quintián
  14. Rebordelos
  15. O Redondo
  16. Regueiro Escuro
  17. San Pedro
  18. Seoane
  19. Vigo
  20. Vilanova
  21. Vilariño.

A Igrexa parroquial ten un pórtico lateral e está cuberta de lousa sobre madeira con apoio nos muros do templo. Queda un panteón no atrio, resto do antigo cemiterio que se trasladou a un novo a uns 500m. da igrexa, xunto á estrada de Paradela.  Foi reformada no 1800, pero pódense apreciar vestixios da primitiva fábrica románica. O frontis facilita o acceso á nave cunha elegante porta románica, en arco   de medio punto, formado por dous arquivoltas baquetonadas con escocias, lisa no interior, con bolas no exterior. O tímpano presenta tres cruces de Malta, con astil iniciado.  A nave, a dúas augas, con cuberta de tella sobre armadura de madeira. Ten unha porta lateral (norte) románica, con arco de medio punto e tímpano adintelado e cruz de Malta.  O resto do templo é obra de 1800. A espadana é esbelta. Presbiterio máis alto e amplo que a nave, a catro augas, bóveda de aresta sobre catro arcos e pilastras de lineas neoclásicas. Ten a sancristía no lateral sur.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.