San Mamede

posted in: Páramo | 0

SAN MAMEDE. Naceu en Paflagonia, provincia de Asia Menor. Tendo dous anos foi adoptado por unha santa viúva, Amia, pero el chamábaa Mama. No seu bautismo, os presentes quedaron estupefactos ao escoitar dos seus infantís labios: “Mamas é o seu nome”, orixinándose de Mamas, Mamede.

Mamede é acusado de cristián, non podendo perturbar a súa fe de neno, nin os máis crueis tormentos de golpes, feridas e lume… Como nada era capaz de perturbar esa fe do neno, o emperador Aureliano (morto o ano 275) mandou atarlle ao pescozo unha gran lámina de chumbo e arroxalo ao mar. Antes de ser arroxado, un anxo liberouno dos soldados e mandoulle habitar nun monte próximo.

No monte, como pastor, vive familiarmente coas ovellas do seu pequeno rabaño. Alí tamén lle obedecían e veneraban os animais máis feroces…

Coñecida a súa fama de santo, de novo é apresado e martirizado. Primeirofoino nun forno no que o lume era como un ameno xardín… Despois foinono anfiteatro, onde un oso e un leopardo lamíanlle a suor moi cariñosos…

O instrumento definitivo do martirio foi un tridente. Con el traspasáronlle as entranas.

Na segunda metade do século IV o seu culto atópase por primeira vez en Cesarea de Capadocia. E no século VI o seu corpo é trasladado a Constantinopla. A partir deste século VI ata o XII, estendeuse o seu culto por Europa, España incluída.

A súa devoción expandiuse ampliamente. Ademais da Parroquia A Ribeira, en Lugo enumera Nicandro Ares Vázquez outras 27 igrexas que o teñen portitular.

Un signo máis desta enraizada devoción e culto é en Vizcaya o Campo de San Mamés, catedral do fútbol, onde os Atléticos de Bilbao son chamados Os Leóns de San Mamés. O Campo chámase así por estar situado onde estivo antes un convento franciscano dedicado a San Mamede.

[Jaime Delgado: El origen de la Iglesia lucense, páxs. 91-3]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.