Un medio para recoller a memoria do Páramo

mesa de mezclas de radio

Vai progresando o estudio de #radio “Son do Páramo”, unha mezcla de equipos clásicos de sonido, informática funcional e decoración minimalista. Trátase dun estudio que combina a posibilidade de utilizar para as mezclas soportes sonoros de toda a vida (casettes, vinilos, ou cd´s) con outros máis profesionais, coma o minisdisk, e a mistura de arquivos mp3, todo elo con saída de grabación dixital en ordenador. Os equipos de audio teñen algúns cerca de corenta anos de antigüedade, e algúns “micros” aínda máis… e todo en funcionamento. O servidor de grabacións para música e cortes, funciona baixo o sistema Windows Millenium e non ten nada que envidiar a ningún equipo moderno pola rapidez de carga e reprodución de arquivos. É éste un dos ordenadores da exposición de historia dos sistemas operativos de Windows, que está tamén nesta sala, todos eles funcionando e cunha función específica… pero disto falaremos outro día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.